Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2016

Felices fiestas

Hoja/Folla

Hoja,escultura en mármol sobre granito.

Copia y restauración do cruceiro dos Santos de Vimianzo..

Trátase dun dos cruceiros máis antigos de Galicia. Podemos datalo a finais do século XV ou comezos do XVI. E como non, atópase nunha encrucillada, no antigo camiño que ía de Ponte Olveira a Baio, e que aínda se conserva por treitos (Dende aquí, ata a aldea de Pazos podemos percorrer este camiño real). Non se pode saber con exactitude cando se fixo o cruceiro (hai quen di que no séc. XIV). O varal é posterior e colocouno alí un tal D. Juan de Pazos a fins do s.XVII. O nome de Cruceiro dos Santos venlle pola cantidade de figuras que hai na cruz, algo moi raro nos cruceiros soneiráns, que adoitan ser bastante sinxelos. Explicaremos os dous reversos: – O do lado oeste: Represéntase unha rara Trindade antropozoomórfica, algo inédito nos cruceiros galegos. Ademais chama a atención que a cruz intente imitar ó tronco dun carballo. De arriba a abaixo: a pomba-Espírito Santo, o Pai, o Fillo Xesús no colo, e unha figura con gorro, bastón e libro. Pode ser un peregrino. – O do lado le