Ir al contenido principal

Copia y restauración do cruceiro dos Santos de Vimianzo..


Trátase dun dos cruceiros máis antigos de Galicia. Podemos datalo a finais do século XV ou comezos do XVI. E como non, atópase nunha encrucillada, no antigo camiño que ía de Ponte Olveira a Baio, e que aínda se conserva por treitos (Dende aquí, ata a aldea de Pazos podemos percorrer este camiño real).

Non se pode saber con exactitude cando se fixo o cruceiro (hai quen di que no séc. XIV). O varal é posterior e colocouno alí un tal D. Juan de Pazos a fins do s.XVII.

O nome de Cruceiro dos Santos venlle pola cantidade de figuras que hai na cruz, algo moi raro nos cruceiros soneiráns, que adoitan ser bastante sinxelos. Explicaremos os dous reversos:

– O do lado oeste: Represéntase unha rara Trindade antropozoomórfica, algo inédito nos cruceiros galegos. Ademais chama a atención que a cruz intente imitar ó tronco dun carballo. De arriba a abaixo: a pomba-Espírito Santo, o Pai, o Fillo Xesús no colo, e unha figura con gorro, bastón e libro. Pode ser un peregrino.

– O do lado leste: Cristo crucificado con tres cravos nunha cruz nodosa, cunha figura axenlloada ó seus pés, que semella ser un frade franciscano. De arriba a abaixo: un anxo descendendo cunha coroa nas mans, o Cristo cos tres cravos, o frade franciscano e unha flor e falso capitel.

Finalmente a cada lado están as figuras de San Xoán e Santa María.












Comentarios

Entradas populares de este blog

Cruceiros de piedra realizados por encargo.

Encargar un busto de piedra o bronce.

Realizo encargos de bustos a tamaño natural o mas grande del natural.El escultor rosaleiro julio Martinez, realiza retratos en busto, piedra o bronce por encargo con diseño de pedestal si se desea. Con garantía del parecido del retratado con alto realismo, presento el busto en arcilla a tamaño definitivo para que el cliente lo apruebe, después realizo un molde en fibra de vidrio para copiarlo en piedra(por el sistema de puntos) o para fundición en bronce,quedando exactamente igual al original al de arcilla tanto en piedra como bronce.Envíos tanto nacional como internacional.

Cruceiro de piedra

Cruceiro de piedra (7metros de alto) realizado para una diócesis de  los EEUU en Texas.